Accesibilidade

Esta Sede Electrónica foi deseñada segundo os criterios de accesibilidade definidos na Norma UNE 139803:2012 prioridade 1 e 2 como establece Real decreto 1112/2018, de 1 de novembro de 2018, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. Cumprindo co nivel AA das directrices para a Accesibilidade dos Contidos Web 1.0 da Iniciativa para a Accesibilidade Web do W3C.

Para realizar consultas relacionadas coa accesibilidade desta Sede Electrónica pode consultar l apágina Contacto

Antes de publicar novos contidos revísase a súa accesibilidade, polo que a revisión é diaria. A última revisión completa de accesibilidade realizouse a data: 02/10/2019.

Formatos Sede Electrónica

Formato PDF:

Hai moitos documentos en formato “Portable Document Format”, que se utiliza xeralmente para preservar o contido e a composición de documentación e publicacións impresas. Para poder visualizar os documentos PDF (extensión .pdf) é necesario utilizar un lector PDF. Pódense atopar lectores de PDF na páxina da Fundación de Software Libre de Europa (FSFE) ou tamén pode utilizar o lector Adobe Acrobat Reader®. Os dous poden descargarse de maneira gratuíta dos seus respectivos sitios web;aínda que a ligazón da FSFE é comercialmente neutra, xa que é unha entidade sen ánimo delucro.

Formato Excel:

Parte da documentación encóntrase en formato Microsoft Excel® (extensións .xls, .csv) e pode ser visualizada directamente se ten Microsoft Excel instalado no ordenador. Para aqueles que non conten con ese software, Microsoft ofrece un visor gratuíto de documentos Excel, que se descarga desde a páxina de Excel Viewer.

Tamén pode utilizarse o visor gratuíto de documentos Excel (Calc) que se encontra en http://www.openoffice.org/es/producto/calc.html da Apache Software Foundation, entidadesen ánimo de lucro orientada á creación de software libre.

No caso dos ficheiros de datos estatísticos publicados en formato .csv consulte as recomendacións de visualización dos ficheiros CSV (Valores separados por coma).