Consulta de expedientes de movementos de efectivo

Consulta de expedientes de movementos de efectivo

Para poder coñecer como van os procesos administrativos dos expedientes sancionadores, a través desta sede electrónica, os interesados deberán ter  certificado electrónico de persoa física recoñecido por esta sede electrónica ademais de coñecer o seu número de expediente sancionador. Este servizo está posto á súa disposición pola Subdirección General de Inspección y Control de Movimiento de Capitales. Para máis información consulte a páxina de tesoro.es e/ou a páxina de branqueo de capitais cpbc.tesoro.es.

Seguindo as directrices fixadas dende a Unión Europea, o noso ordenamento xurídico está caracterizado polo recoñecemento e posta en práctica da libre circulación de capitais.

Esta liberdade de circulación, recoñécese e está regulada a nivel interno pola Lei 19/2003 que establece no seu artigo 1 que “son libres calquera acto, negocio, transacción e operación entre residentes e non residentes que supoñan ou de cuxo cumprimento se poidan derivar cobramentos e pagamentos exteriores, así como as transferencias de ou ao exterior e as variacións en contas ou posicións financeiras debedoras ou acredoras fronte ao exterior, sen máis limitacións que as dispostas nesta Lei e na lexislación sectorial específica”.

Entre as limitacións ás que se fai referencia, e seguindo as propias previsións europeas, inclúese a posibilidade de introducir certas cláusulas de salvaguarda e medidas excepcionais, que poden supor a prohibición de certas operacións con determinadas zonas ou países ou, no seu caso, o seu sometemento a autorización previa.

Esta liberdade de movementos xeral non impide, porén, que exista un certo control sobre os mesmos a efectos estatísticos, pero tamén de cara a poder identificar movementos de capitais que puidesen ter unha orixe ilícita e unha función branqueadora de activos.

Deste xeito, a liberdade de movemento de capitais combínase con certas obrigas de declaración da realización dos devanditos movementos que, no caso de non cumprirse, determinaría a imposición dunha sanción administrativa.